IniciosociedadeO PP reabre a polémica: logra o consenso do Parlamento asturiano para...

O PP reabre a polémica: logra o consenso do Parlamento asturiano para pedir a oficialidade de Ría do Eo

O Principado compilará información histórica da "utilización inmemorial" do topónimo para solicitar a Fomento que o equipare a Ría de Ribadeo, denominación oficial desde 2008

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Parlamento asturiano aprobou este mércores por unanimidade unha iniciativa do Partido Popular (PP) na que se pide ao Ministerio de Fomento que equipare o uso do término “Ría do Eo” ao de “Ría de Ribadeo”, que desde 2008 é oficial.

O deputado popular Álvaro Queipo foi o encargado de defender na segunda sesión do pleno ordinario da Xunta Xeral do Principado esta proposición non de lei na que tamén se insta ao Executivo asturiano a compilar toda a documentación histórica acreditativa da “utilización inmemorial da denominación Ría do Eo”.

Queipo, que se viu obrigado a facer a súa intervención en castelán ao asegurar o voceiro de Vox, Ignacio Blanco, que non entendía “iso”, recordou que desde fai once anos, mercé a un informe elaborado por técnicos da Comisión Xeográfica Nacional do Consello Superior Xeográfico, dependente de Fomento, o Goberno central mantén o término “Ría do Eo” como nome de uso “menor ou restrinxido” entre os que se dan ao estuario que separa Asturias de Galicia.

“Ría do Eo” é unha denominación “de uso maioritario na actualidade”, segundo o deputado popular, que sostivo que tamén o foi “ao longo da historia tanto na beira asturiana como na galega”.

“DISCRIMINACIÓN”

Segundo o PP, non se trata de vetar a denominación galega senón de “afastarse de conflitos artificiais” e “contribuír á sa convivencia” e de que “ninguén sufra discriminación“.

Por iso, instou ao Principado que “compile a información necesaria” para defender ante o Instituto Xeográfico Nacional dar ao topónimo asturiano “o mesmo carácter de preferencia” que ten agora o nome galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...